domingo, 28 de xuño de 2015

Ola rapazolos e rapazolas!

A semana pasada José Luis, o profe de 4ºA e mais eu quixemos facervos un recordiño cunha das fotografías que tomamos o último día de clase, para que non esquezades estes dous anos cos vosos compañeiros de clase e profes.
Podedes vir recollela mañá luns ou martes 30 de xuño. Non vos preocupedes se non estades ou se vos é imposible achegarvos ao cole, voullas deixar a José Luis e podédesllas pedir en setembro, cando empecedes as clases de novo.

Espero vervos moi moi pronto!
Pasade un moi feliz verán, que o merecedes, xa o sabedes ben!

Apertas grandes!


mércores, 3 de xuño de 2015

O NOSO LOGO!

Xa temos logo para o noso supermercado da aula!
Obra de Carolina e Alicia. Quedou moi ben, verdade?

martes, 2 de xuño de 2015

Juegos para...¡¡pensar!!

A ver qué os parece este juego que he encontrado rebuscando por internet. ¡Para hacernos pensar!




Máis sobre o clima e o tempo!

E aquí algunhas actividades  máis, para non aburrirse!








O TEMPO E O CLIMA

Velaquí vos deixo dous enlaces que vos poden axudar un pouquiño para saber máis sobre como se mide o tempo atmosférico así como sobre as diferencias entre clima e tempo atmosférico. Espero que vos gusten!