martes, 11 de novembro de 2014

Bookmarks

Hoxe na clase de Arts estivemos facendo marcapáxinas. Fixen unha pequena presentación coas fotografías de cada un dos que fixestes. Quedaron preciosos!


luns, 10 de novembro de 2014

Coordenadas

Atopei unha páxina na que poderedes poñer en práctica o que aprendemos hoxe na aula sobre as coordenadas.


Multiplicación

Cantas cousas novas estamos a aprender! Velaquí podedes acceder a varias actividades para practicar a multiplicación por dúas cifras e a propiedade asociativa.

Multiplicación por dúas cifras:

 

Propiedade asociativa:


Dividir en párrafos

Se pinchades nesta imaxe, veredes os pasos que debemos seguir á hora de escribir un texto:


Determinantes

Déixovos este enlace para que vos quede algo máis claro que son os determinantes. Tamén poderedes facer algunha actividade. Se ides aos puntos 6 e 7 veredes os determinantes numerais, xa que os estamos a traballar estos días na aula.



Numerais e indefinidos. 


venres, 7 de novembro de 2014

Máis cousiñas sobre o Universo

Velaquí tedes algún vídeo que vimos xa ou que imos ver os próximos días na aula, para comprender mellor o que estamos a aprender.






Sistema Solar:




 Movemento de rotación e fases lunares:




Movemento de traslación:

Seguimos co Universo!

Como vexo que vos encanta este tema, déixovos tamén un enlace a unha páxina na que poderedes explorar, obter información e tamén xogar.


O Sistema Solar

Encantounos este simulador do Sistema Solar. Podedes aprender moitísimas cousas de cada un dos planetas, tamén sobre o Sol e outros astros. É moi interesante e pode axudarvos a resolver moitas dúbidas!



xoves, 6 de novembro de 2014

Magosto!

E seguimos co magosto! Déixovos unhas entretidas actividades sobre a festa da castaña. Espero que vos gusten!



mércores, 5 de novembro de 2014

Magosto!

Bo día nenos e nenas! Por se algún de vós non quere facer o cucurucho para as castañas, déixovos uns pasos para facer un pequeno cestiño que podedes decorar como queirades. Seguro que xa fixestes algún hai tempo! Se non, non vos preocupedes, mañá antes do magosto teremos un tempiño para facer o cucurucho na clase.