domingo, 28 de xuño de 2015

Ola rapazolos e rapazolas!

A semana pasada José Luis, o profe de 4ºA e mais eu quixemos facervos un recordiño cunha das fotografías que tomamos o último día de clase, para que non esquezades estes dous anos cos vosos compañeiros de clase e profes.
Podedes vir recollela mañá luns ou martes 30 de xuño. Non vos preocupedes se non estades ou se vos é imposible achegarvos ao cole, voullas deixar a José Luis e podédesllas pedir en setembro, cando empecedes as clases de novo.

Espero vervos moi moi pronto!
Pasade un moi feliz verán, que o merecedes, xa o sabedes ben!

Apertas grandes!


0 comentarios:

Publicar un comentario