sábado, 21 de marzo de 2015

Eclipse solar

Bos días nenos e nenas!
Tivestes onte sorte e puidestes ver o eclipse? Por se non tivestes a oportunidade, déixovos un vídeo no que o podedes ver enteiro.

Nesta parte do planeta a lúa só cubriu preto do 75% do sol, polo que non foi un eclipse total. Mais noutras partes do mundo, como nas Illas Feroe (situadas entre Islandia e as Illas Británicas) si que puideron velo. Cando a lúa tapou por completo o sol, durante uns minutos o ceo escureceu.

Espero que vos guste.



1 comentarios:

Unknown dixo...

me parece muy bonito e interesante pero dura demasiado y eso aburre

Publicar un comentario